Por fin Ferrol terá un monumento cos nomes de todas as vítimas do franquismo na comarca

O escultor portugués Manuel Patinha realizará a obra de balde.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 05/05/2022 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

O Concello de Ferrol encargou ao escultor portugués Manuel Patinha o monumento que se erixirá en Canido en memoria das vítimas do franquismo na comarca.

Así o acordou a última reunión da Mesa da Memoria Histórica, con representación dos membros que a compoñen: Asociación de Memoria Histórica, Comisión Pro Memorial Vítimas do Franquismo e os catro grupos políticos con representación municipal (PSOE, PP, Ferrol en Común e BNG). Está previsto que este órgano creado polo goberno local defina proximamente as súas funcións cun regulamento para que teña función consultiva.

"Por fin temos un acordo que inclúe os nomes das vítimas, baseado no traballo que fixeron na Comisión Pro Memorial e a Asociación da Memoria Histórica, que traballaron en estreita colaboración durante os últimos meses", sostén a concelleira de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero.

O monumento levantarase no parque de Antón Varela. Patinha realizará o monumento de forma altruísta, de modo que o Concello terá que sufragar unicamente os materiais e a instalación da obra.

Manuel Patinha (Póvoa de Santa Iria, Portugal, 1949) é un recoñecido artista como escultor, pintor e gravador. En Ferrol, ten dúas obras en espazos públicos: 'Medusa' e 'As ceibes'.

Restos dun asasinado republicano por fascistas no 36
Restos dun asasinado republicano por fascistas no 36 | Fonte: Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta