Unha obra inspirada en Castelao para axudar aos refuxados da Ucraína

O pintor Baldomero Moreiras e o Concello de Celanova recadan 1.300 euros, que entregan a Cruz Vermella.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2022 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

A campaña de apoio a Ucraína promovida polo pintor Baldomero Moreiras, en colaboración co Concello de Celanova, recadou 1.300 euros, que entregaron este xoves a Cruz Vermella.

O alcalde de Celanova, Antonio Puga, actuou como notario do acto de entrega da recadación conseguida nas últimas semanas no marco da campaña e que lle foi entregada ao presidente da Cruz Vermella de Ourense, Felipe Ferreiro, para "axudar economicamente no labor de atención aos refuxiados da guerra que se atopan nestes momentos residindo en diversos lugares da provincia de Ourense".

Baldomero Moreiras agradeceu a colaboración das persoas que adquiriron os carteis que, creados por el mesmo, reproducen a obra artística inspirada na de Castelao 'A derradeira leición do mestre'.

Pola súa banda, Felipe Ferreiro, informou de que o diñeiro recibido será utilizado para paliar "algunhas das moitas necesidades ás que a Cruz Vermella se tivo que enfrontar desde a chegada dos primeiros refuxiados ucraínos a Ourense, que aínda que non están todos eles baixo a súa coordinación, son unha alta porcentaxe, sobre todo mulleres e nenos".

Finalmente, Antonio Puga, remarcou a "xenerosidade" de Moreiras e a "confianza" que depositou no Concello para levar a cabo unha iniciativa que transcende do ámbito social e implica á cultura.

O pintor Baldomero Moreiras fai entrega a responsables da Cruz Vermella de Ourense o recadado en apoio a Ucraína, ante o alcalde de Celanova, Antonio Puga.. CONCELLO DE CELANOVA
O pintor Baldomero Moreiras fai entrega a responsables da Cruz Vermella de Ourense o recadado en apoio a Ucraína, ante o alcalde de Celanova, Antonio Puga.. CONCELLO DE CELANOVA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta