Baltar xustifica o apoio a Jácome: "o empurrón foi intolerable, pero a cidade non pode parar"

"Estamos no goberno de Ourense con independencia de que o alcalde sexa Gonzalo Pérez Jácome ou non", apuntou o presidente da Deputación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2022 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense e do PP nesta provincia, Manuel Baltar, defendeu a presenza desta formación no goberno municipal da cidade das Burgas, ao ser preguntado de novo se seguen apoiando ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, tras o empuxón a unha sindicalista no arranque da folga do transporte urbano.

"Estamos no goberno de Ourense con independencia de que o alcalde sexa Gonzalo Pérez Jácome ou non, é o goberno que xestiona os intereses da cidade de Ourense", dixo, a preguntas dos xornalistas, coincidindo coa súa presenza nun foro económico na cidade herculina.

Sobre o comportamento do rexedor, considerou que debe pedir desculpas, pero apostilou que facelo é unha "cuestión persoal". Do mesmo, manifestou que é "intolerable e inxustificable" e que é algo "reprochable", pero incidiu en que o goberno local non pode "parar".

"Nós --o PP-- temos dúas opcións, estar na oposición clamando, insultando, ou xestionar os intereses da cidade que é para o que nos presentamos", recalcou Baltar, convencido de que a experiencia de "estes meses de mandato" servirá para que en 2023 haxa un alcalde ou alcaldesa do PP.

Arquivo - (I-D) O presidente do PP da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, asisten ao Campionato de España de Atletismo en Pista Cuberta. Foto de arquivo.. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo
Arquivo - (I-D) O presidente do PP da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, asisten ao Campionato de España de Atletismo en Pista Cuberta. Foto de arquivo.. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta