A Deputación da Coruña subvencionará a distribución de películas en galego

O prazo de presentación de solicitudes terminará o 31 de maio e o importe máximo por beneficiario é de 30.000 euros.

Por E.P. | A CORUÑA | 11/05/2022 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña destina este exercicio 125.000 euros para apoiar a distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega na provincia. O prazo de presentación de solicitudes terminará o 31 de maio e o importe máximo por beneficiario é de 30.000 euros.

Esta liña de axudas inclúe o apoio aos contidos audiovisuais galegos, como longametraxes, curtametraxes, ou documentais, entre outros, feitos en Galicia, para a súa distribución e exhibición en lingua galega. Por outro, estará o apoio á distribución en lingua galega de contidos audiovisuais non feitos en Galicia.

En 2021 a Deputación achegou 96.352,67 euros para que oito películas puidesen chegar ao público na provincia. Entre eles, "A virxe roxa", de Marcos Nine; "Nación", de Margarita Ledo ou "Negro púrpura", de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva.

'Nación', filme de Margarita Ledo.
'Nación', filme de Margarita Ledo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta