Temas: FRASEOLOXíA

“Nun viravira”, unha das moitas equivalencias do castelán “en un periquete” (1ª parte)

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 01/06/2025 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Tanto na lingua castelá coma no idioma galego dispomos dunha boa chea de secuencias expresivas con que se dá a entender que algo acontece, ou se realiza, rapidamente e nun breve espazo de tempo.

A atleta ribeirense Ana Peleteiro.
A atleta ribeirense Ana Peleteiro.

No presente artigo (que, a fin de non ateigar de excesiva información os lectores e lectoras por mor do número de expresións que nel se van reflectir, xebraremos en dúas entregas) imos pór de manifesto algunhas delas.

En un abrir y cerrar de ojos

En un abrir de ojos

En un volver de ojos

{= Rapidamente e nun breve espazo de tempo.}

Nun abrir e cerrar de ollos

Nun abrir e pechar de ollos

Nun abrir e fechar de ollos

[E MAIS]:

Nun chiscar de ollo(s)

Nun piscar de ollo(s)

Ex.: Uno no puede fiarse, que aunque hoy todo te vaya de puta madre, la vida te puede cambiar en un abrir y cerrar de ojos.

Un non se pode fiar, que inda que hoxe todo che vaia de puta madre, a vida pódeche cambiar nun abrir e cerrar de ollos nun abrir e pechar de ollos nun abrir e fechar de ollos nun chiscar de ollos nun piscar de ollos.

● Tamén:

En menos de nada

En menos de nada && Nun tempo/tempiño de nada && En tempo/tempiño de nada

● E tamén:

En un visto (y) no visto

Nun visto (e) non visto

● E mais tamén:

En menos (de lo) que canta un gallo

[POR POSIBLE INFLUENCIA CASTELÁ]: En menos (do) que canta un galo

Ex.: Un non se pode fiar, que inda que hoxe todo che vaia de puta madre, a vida pódeche cambiar en menos de nada nun tempo de nada en tempiño de nada nun visto (e) non visto en menos do que canta un galo.

● E así mesmo tamén:

En un periquete

Nun viravira && Nunha patada && Nun # Dun chimpo && Nun pincho && Nun brinco && Nunha carreira && Nun correndiño && Nun alustro && Nun garapaldo && Nun # Dun pulo && Nun vira && [E MAIS]: Nun vírame a man && Nun vira da man && Nun virar a man && Nun virar da man && No virar dunha man && Nunha volta de man && Nun vírame a monteira

Ex.: Un non se pode fiar, que inda que hoxe todo che vaia de puta madre, a vida pódeche cambiar nun viravira nunha patada nun chimpo nun correndiño nun alustro nun garapaldo nun pulo nun vírame a man.

● E inda tamén:

En un santiamén && En un amén && En un decir amén && En un Jesús && En un decir Jesús

Nun santiamén && Nun amén && Nun dicir amén && Nun dicir Xesús

NOTAS:

1. A voz garapaldo (tirada, para o emprego que aquí nos ocupa, tanto da revista Ardentía coma da sección “Palabras con memoria” da Asociación de Escritoras/Escritores en Lingua Galega) áchase rexistrada, entre outras fontes, no Dicionario de Dicionarios da Lingua Galega, sobre todo co significado de empuxón violento e mesmo tamén (cadrando nesta última acepción co castelán varapalo) co de golpe dado cun pau ou cunha vara.

2. As expresións e solucións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas (xuntamos as fontes correspondentes ó que é o artigo completo, isto é, as que se utilizaron para esta entrega e mais para a seguinte):

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Ardentía. Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial, núm. 5.

- Asociación de Escritoras/Escritores en Lingua Galega: Sección “Palabras con memoria”, á que se pode acceder a través de Internet no enderezo seguinte:

https://www.aelg.gal/palabras-con-memoria

- Barbeito Lorenzo, María Dolores: “Frases feitas do Concello das Neves”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 293-301. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Castelo Santaballa, Lela & Quintairos-Soliño, Alba: “Tras deste tempo, tempo vén. A fraseoloxía de Xermade”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 22, 2020, páxs. 195-229. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Castro Otero, Salvador et alii: “Botando unhas liñas no mar do Morrazo”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 127-150. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 14, 2012, páxs. 287-308. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Cuns Lousa, Xulio: “Rabusco”. En Anuario Brigantino, 12, 1989, páxs. 259-287.

- Da Cerna: “Ditos, frases feitas e refráns”, no blog “Da Cerna”, accesible no enderezo https://dacerna.blogspot.com/p/ditos-e-frases-feitas.html.

- Ferro Ruibal, Xesús: “Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre”. Discurso de ingreso do profesor Ferro Ruibal na Real Academia Galega o 4 de maio de 1996.

- Filgueira Valverde, X. F. & Tobío Fernandes, L. & Magariños Negreira, A. & Cordal Carús, X.: Vocabulario popular castelán-galego. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Franco Grande, Xosé Luís: Diccionario galego castelán e vocabulario castelán-galego (2ª edición), publicado en 1972. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Fraseoloxía Carcamana. Dentro do blog Historia e historias da Arousa.

- García, Constantino & González González, Manuel (dirs.): Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega. Colección Galicia Viva / Real Academia Galega. Fundación Pedro Barrié de la Maza, ano 2004.

- García García, Nuria: “Breve achega á fraseoloxía do Couto de Oíns (Arzúa)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 24, 2022, páxs. 167-183. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Graña Núñez, Xosé: Vacilacións, interferencias e outros “pecados” da lingua galega. Ir Indo Edicións, Vigo, 1993.

- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “O labor de fraseógrafo de Manuel Leiras Pulpeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 59-77. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- OUVIDO ALGURES: Conta de Instagram.

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Rivas, Paco: Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 1, 2000. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Rivas Quintas, Eligio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Santamarina, Antón (dir.) / Ernesto González Seoane / María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.

- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego. Publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta