A situación da TVG e da RG

Remitennos un mail no que denuncian a situación informativa que atravesa a TVG e a RG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/09/2007 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Anos e anos de procesos de concentración parcelaria conseguiron poñer orde, sentido común e, ó máis importante, facer rendibles as terras de cultivo do noso país, subexplotadas durante séculos polo fenómeno do minifundismo. O sentido de propiedade da terra, do recuncho de cada quen nunha economía de subsistencia, podía e debía dimensionarse. Non tiña sentido que a hiperparcelación da terra provocara efectos tan

negativos como poñer en cuestión a sua productividade.

Ata hai poucos anos, a situación convertía a Galicia en excepción dun medidor de desenvolvemento económico universalmente aceptado: a mecanización do agro. Resulta que o número de tractores nas explotacións agrarias galegas chegou a superar o promedio dos paises

europeos máis desenvolvidos; o malo é que, por falta de acordo co veciño, ó último modelo do John Deere ou Ferguson traballaba tres ou catro semanas ó ano e o resto pasábao a cuberto, en contra da máis elemental lóxica productiva.

Parecía, pois, o minifundismo unha estructura superada, pero as circunstancias políticas fanno subsistir. Ou alomenos así o parece no ámbito dos medios de comunicación de titularidade pública.

Asistimos nos últimos días a unha severa confrontación entre un dos socios do Goberno da Xunta, o BNG, e unha parcela do medio público Televisión de Galicia: os informativos. Dende a Vicepresidencia critícase a ausencia do seu titular nos espacios de noticias e decídese excluir ó medio das convocatorias de actos; dende os Informativos respóndese con feitos: os seus profesionais desaparecen dos actos do vicepresidente, nunha decisión sen precedentes no medio público, contraria a Lei de Creación da CRTVG, que establece á obriga de informar á cidadanía das actividades das institucións autonómicas, e, sobre todo, abandoando a obriga ética de transmitir a información por riba de calquera presión política.

Desde a dirección da TVG (BNG) non se actúa: simplemente non hai capacidade. O departamento de Informativos (PSOE) funciona autónomamente. Son parcelas independentes.

Outra parcela dos medios públicos, a Radio Galega (BNG) ven mantendo una actitud abertamente hostil contra os socialistas. Por citar só un exemplo do que podería ser unha descripción enciclopédica, este pasado agosto acumulábanse as declaracións dos promotores da folga da policía local de Lugo, nun claro intento de desgastar a xestión do alcalde socialista.

Nunca a Radio Galega a a Televisión de Galicia, sendo medios de comunicación irmáns, camiñaron editorialmente por roteiros tan distantes. Dada a visible dependencia de forzas políticas rivais pero puntualmente amigas, non sería estrano que un medio e outro cheguen a entrar nunha dinámica de confrontación informativa.

Non é só que ós actuais xestores dos medios públicos lles quede grande o traballo encomendado -que lles sobra ata o punto de ter confesado privadamente a sua incredulidade en seren eles os elixidos- senon que,

ademáis, os seus xefes políticos movense no medio do desconcerto e a improvisación.

En todo caso, a situación dos medios públicos é parella á que vive a Xunta bipartita. Calquera cidadán meridianamente informado coincidirá na percepción de que ´´o mal sono´´ dunha noite de verán para facer cantar ós pequerrechos que aínda non falan no demencial ensaio das "ikastolas" galegas, é un síntoma moi severo de confrontación das duas minorías que crearon unha artificial maioría de goberno.

Á volta ós vellos modos de reparto, parcelacion e minifundio parece confirmar o temor.

Domingos Meixide

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 80 comentarios

55 suso

Pois a min o que me parece é que o que "cae en picado" é o interese por mellorar a calidade do medio. Eu vivo mergullado nun eterno retorno no que, dende hai 20 anos, as caras non mudan, nin o savoir-faire das cabezas pensantes de San Marcos. Din que "somos o que vemos", se é así, mi madriña!! Até os bascos se saben rir das súas coxunturas cun humor corrosivo que eu aquí non vexo nin por asomo. De tódolos xeitos estou con xan en que o que máis se ve son os informativos: normal,os galegos queremos saber que pasa aquí (agora, segundo parece, tamén imos saber que fai o Vicepresidente Quintana... "un gran paso para el bipartito pero un pequeño paso para el país"... que lles dure.)

54 galiza ceive!

Pois podedes berrar e chorar, pero na tvg estan ca moral polos aires, porque a audiencia medra, e leva asi dende fai un tempo.

E que non solo medra, se non que e a autonomica con mais porcentaxe de exito. Especialmente os programas novos. Podedes ver a audiencia de agosto.

http://www.formulatv.com/1,20070901,5358,1.html

E non hai nada de nacionalismo nin nada parecido. Hai moitos profesionales moi cualificados en galicia no eido do audiovisual. E algo do que o resto de comunidades admira, especialmente a cantidade de profesionales que temos no mundo do 3D, con filmax a cabeza. So que o cambio de goberno, permitiu cambiar e traer sangue nova. E o mesmo pasara cando volva a cambiar.

E a diferencia de algun que hai neste foro, eu alegrome de que a television que facemos vaia ben, mentres que outros parecen disfrutar tendo sonos negros de "caidas en picado", como se fose unha boa noticia.

Son os mesmos que estan contentos porque ardan os montes, porque eta mate xente, porque o desemprego medre, en definitiva, porque todo saia mal. Son os que desexan que este pais se afunda.

Unha diferencia abismal.

53 noxento

excelente artículo o de La Opinión.

Agora entendo o que pasa aí dentro. PArece que está moi ben informado para falar con tanto detalle.

52 Xandokas

Bloque, PSOE, PP, a mesma merda é.

51 Xandokas

A min a TELEJAITA e a RADIOJAITA, súdanma.