Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 13/05/2022 | Actualizada ás 20:26
O cantante Enrique Bunbury actuará en Pontevedra o 12 de agosto, unha actuación que forma parte da súa xira de despedida dos escenarios, 'El último tour'.
As entradas saen á venda o 18 de maio, ás 12,00 horas. Será a súa única data en Galicia, segundo informa a organización do evento.
Tras unha vida dedicada á música, Bunbury porá fin aos seus 35 anos de carreira con esta xira que comezou en Nova York. Interpretará os seus temas máis coñecidos como solista, pero tamén algúns da súa etapa en Heroes do Silencio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.