Os ecoloxistas denuncian que a Xunta permite aos 'bateeiros' "arrasar" as rocas da Costa da Morte

"Desde Sabón ata Baldaio, toda a costa foi posta ao servizo destes esquilmadores, que campan polas súas anchas en toda a liña litoral, fóra de Caión e o propio Baldaio", sostén a Asociación Arco Iris.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2022 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

A asociación ecoloxista Arco Iris denuncia que a Xunta permite que os 'bateeiros' "arrasen" as rocas da Costa da Morte ao dar luz verde á extracción de "11.679 toneladas de cría de mexillón".

Nun comunicado, censura que o protocolo aprobado pola Consellería do Mar "é unha barbaridade", pois "brigadas de recolectores converten pedras de gran valor ecolóxico, onde se crían larvas de percebes e outras especies de gran interese económico, en rocas peladas sen ningún valor ambiental e estériles por moitos anos".

"Desde Sabón ata Baldaio, toda a costa foi posta ao servizo destes esquilmadores, que campan polas súas anchas en toda a liña litoral, fóra de Caión e o propio Baldaio", sostén esta asociación.

Respecto diso, a asociación alerta de que "a ordenanza de Mar causa un estropicio ecolóxico insustentable á Rede Natura Costa da Morte, xa que as pedras despexadas non volverán ao seu antigo esplendor antes de moitos anos".

Arco Iris reproba que "Mar permite que cada batea esquilme 3.500 quilos de cría de mexillón ao ano", mentres "hai 3.337 bates en Galicia". "Mar dobregou as mínimas consideracións de reserva ambiental ao sector mexilloeiro e sacrifica as zonas naturais do norte de Galicia aos intereses das bateas do sur, que unicamente aproveitan o 20% do produto saqueado", lamenta.

Bateas mexillón rías galegas. EUROPA PRESS - Arquivo
Bateas mexillón rías galegas. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta