Aprazado o concerto de Tanxugueiras en Vimianzo polo forte vento e actuará este martes ás 21,30

O propio Concello de Vimianzo informou deste adiamento, no que explica que en constante contacto co equipo de montaxe e de acordo coas informacións dos modelos meteorolóxicos, as previsións de vento "fan que non se poida garantir tanto a seguridade das artistas como as do público", o que fai "inviable" a actuación este luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2022 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

O grupo Tanxugueiras tivo que suspender o concerto que tiña previsto para este luns en Vimianzo, debido aos fortes refachos de vento. Actuará este martes, a partir das 21,30 horas.

"Xente, sentímolo muchisimo, por motivos de seguridade o concerto de Vimianzo queda atrasado para mañá martes, ás 21,30 horas", tuiteó o grupo na súa rede social.

O propio Concello de Vimianzo informou deste adiamento, no que explica que en constante contacto co equipo de montaxe e de acordo coas informacións dos modelos meteorolóxicos, as previsións de vento "fan que non se poida garantir tanto a seguridade das artistas como as do público", o que fai "inviable" a actuación este luns.

De feito, un tensor de aceiro pertencente á estrutura do escenario crebou por efectos dos fortes refachos de aire, segundo informou o propio Concello nas súas redes sociais.

Tanxugueiras apraza o seu concerto en Vimianzo (A Coruña) polo forte vento e actuará este martes ás 21,30. CONCELLO DE VIMIANZO
Tanxugueiras apraza o seu concerto en Vimianzo (A Coruña) polo forte vento e actuará este martes ás 21,30. CONCELLO DE VIMIANZO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta