Temas: FRASEOLOXíA

Expresións galegas que se empregan para dar conta de que chove e sae o sol ó mesmo tempo

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 22/05/2022 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O feito de termos chuvia e sol asemade non é, precisamente, o fenómeno meteorolóxico máis común, pero inda así se foron fixando (ou, se cadra, quizais por iso se foron fixando), ó longo do tempo, certas secuencias expresivas que se empregan cando se dá o dito fenómeno. De seguro que existen bastantes máis, pero vexamos a seguir as que nós temos compiladas:

Arco da vella
Arco da vella | Fonte: GC

(¡)Casa a raposa(!)

(¡)Casa a filla da raposa(!)

(¡)Casan os lobos(!)

(¡)Casa a filla do gobernador(!)

(¡)Casa a filla do emperador(!)

(¡)Peitéanse as bruxas(!)

(¡)É tempo de pagar as débedas(!)

(¡)Vai o diaño para Ferrol(!)

NOTAS:

1. En principio todas estas expresións son susceptibles de ser empregadas (de feito, algunhas delas están rexistradas concretamente deste xeito) como segundo constituínte de varias paremias de contido meteorolóxico que principian pola secuencia cando chove e fai/vai sol, tal e como acontece, por exemplo, en castelán coas seguintes:

Cuando llueve y hace sol, sale de paseo el caracol # sale el arco del Señor # coge el caracol # hace la vieja el requesón # es tiempo de requesón.

Cuando llueve y hace sol, baila el perro y el pastor # son las bodas del pastor # canta el gallo del Señor # sonríe nuestro Señor.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Barbeito Lorenzo, María Dolores: “Frases feitas do Concello das Neves”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 293-301. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martínez Seixo [agora, Martíns], Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [agora, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “108 fórmulas galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 9, 2007, páxs. 235-246. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta