Cocaína boa, Cocaína mala

Hai décadas xurdiu o debate: as drogas puras non fan dano, as adulteradas sí. Os ricos tiñan cocaína pura, os pobres mala, e por iso facíalles dano aos pobres e aos ricos non. Era como o aborto. Os ricos abortan en clínicas boas e os pobres en malas.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 20/05/2022

Comparte esta noticia

O Estado debía proporcional droga de calidade, gratis ou subvencionada. As liberdades individuais liberais e  o  darwinismo social se vulgarizaban na España democrática. O obxectivo do Estado é rectificado: desaparece  defender o ben común e imponse  o interese persoal.   O cinema norteamericano  popularizaba o consumo de cocaína como signo de status: que se  yupis, executivos, festas de ricos, bandexas de prata con raias, homes e mulleres  empoderados,  triunfantes;  darwinismo social para os pobres. Chamábanlle Arte anglosaxoa  Hollywoodienense para  democracias liberais. Era “moderno,  progresista”, como o aborto: “Se queremos protexer a saúde mellor legalizalas”, “cunha lei controlamos a calidade da droga”, “evítanse grupos criminais”,  “o estado garantirá  todo iso, e recadará  impostos”. Nacía un dereito:  drogarse. “Eu co meu corpo fago o que quero, teño dereito a facer o que me de a gana”.   A famosa canción “Leiga-legalización!”,  “cánnabis de calidade e barato” soaba nas noites de movida. Liberalismo en vea. 

Desarticulada unha organización criminal que importaba cocaína por vía marítima desde Sudamérica.. GARDA CIVIL
Desarticulada unha organización criminal que importaba cocaína por vía marítima desde Sudamérica.. GARDA CIVIL
 O argumento da “hipocresía” era recorrente: “hai moitos hipócritas que din estar  en contra das drogas, e despois consómenas: hipócritas!.Legalización. Liberdade!.” A  perfidia da  envexa social sempre funciona.  Advertían que era inescusable “abrir un debate intelixente”,  “alcanzar  amplo consenso”,  “o mercado regulado evitará drogas adulteradas”.  Estudos de universidades estadounidenses, gloriosas en divulgar o liberalismo integral, indicaban que o mellor era legalizar as drogas. Para eses benfeitores  “legalizar as drogas,  é liberdade, consenso,  avance social”, “Progreso”: O que se define como Progreso  anticultural. 
Todo nace da fórmula do “caos organizado”  do liberalismo integral: “a túa liberdade termina onde empeza a dos demais”; puro  darwinismo social. No seu mundo o “Ben” e o “Mal” non teñen sentido. E é que na nada, todo vale, porque precisamente, xa nada vale. Como advertía  Nietzsche o  nihilismo conduce á relixión da nada. Nese liberalismo integral non existe o “Ben Común” nin  “comunidade”. O  darwinismo social substitúe á Moral: só existe o  mercado de gañadores.  Para os outros Renda Básica Universal para subsistir e  demais progresismo.   
O haxix e a marihuana  que agora queren legalizar,  “sempre foi unha droga desprestixiada, de  pobretones e mouros. Nunca tivo o cartel de droga bonita, como a cocaína”, reprochan hoxe certos escritores. A súa legalización, cultivo ecolóxico e sostible, segundo prestixiosas universidades, crearía 100.000 empregos.  É o progreso que ordenan os liberais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Álvaro Rodríguez Nuñez Doctor en Ciencia Política. Autor de varios ensaios sobre procesos políticos contemporáneos. Ten publicado diferentes estudios en revistas de pensamento político, nas cales colabora.