O BNG quere unha “demostración de forza” o 25X a prol da soberanía

“O dereito a decidir non é só unha aspiración política, é a mellor ferramenta para loitar contra o paro, a emigración e a miseria”, di Bieito Lobeira.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/07/2014 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

En Pé por Galiza! Soberanía, democracia e dereitos” é o lema da campaña elixida polo BNG para celebrar o vindeiro 25 de xullo en Compostela. Unha data que os nacionalistas queren converter nunha “demostración de forza” a prol da soberanía.

Presentación dos actos do 25 de Xullo por parte do BNG
Presentación dos actos do 25 de Xullo por parte do BNG

E é que o BNG iniste en que unha Galicia independente pode resolver os principais problemas que lle afectan aos cidadáns. “Reclamar o dereito a decidir de Galiza non é só unha aspiración política é unha necesidade para combater do mellor xeito o desemprego, a explotación no posto de traballo, a emigración, o empobrecemento, a situación de miseria que se da no país, os dramas humanos que padecen milleiros de galegos e galegas. Para iso fai falla soberanía, é a mellor arma que temos para enfrontar desde Galiza estes problemas da sociedade”, argumentou o secretario de Organización Bieito Lobeira.

E, con esta reivindicación, os nacionalistas queren “encher” a Quintana para denunciar a “submisión” de Feijóo ás “estratexias recentralizadoras de Madrid”. “Que Galiza conte dependerá tamén da capacidade de presión social do noso país nunha cita como a do 25 de xullo”, alegou Lobeira.

Este ano cumpriranse 30 anos da tradicional manifestación que o BNG realiza o 25 de xullo. Unhas manifestacións que, desde hai uns anos, comparte con outras formacións nacionalistas e independentistas.  Por iso, a secretaria de Imaxe e Campaña, Paula Prado, apelou aos “miles e miles de galegos e galegas que non están dispostos a renderse, a tirar a toalla” a mobilizarse na manifestación do Bloque para evitar que Galiza “pase a segunda división”.

A esta manifestación do 25 de Xullo, como é tradicional, asistirán delegacións doutras organizacións políticas das nacións sen estado en Europa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

11 Cazapantasmas

Xa andan os cans acomplexados do españolismo, a ladrar para dismular as suas limitacións. O Bloque vai darlles outra malleira no poder de convocatoria o 25 de Xullo. Veña, pantasmas, os emplazo a falar con numeros, despois do día da Patria. Mais que os pese, o Bloque segue a ser o de maior base social e poder de convocatoria, agás o PP cando pon autobuses e papatorias gratis. Sen a televisión, La Voz e demais medios coloniais da bueguesía, que narcotizan a lumpen desclasada e analfabetos políticos, non sodes nada, Caspers de medio pelo

1 moquete

toma todo pa ti... http://es.wikipedia.org/wiki/Good_B...,_Lenin!

2 rassing

A demostración de forza vai ir este 25, como os anteriores á praia. De 2 millóns 700 mil habitantes, na Quintana (3.300 m2), Mazarelos (900m2), Toral (720 m2).... que 0% da povoación do País colle en todas elas?

10 modorra

uaahhhhahhhhh... ( sonido onomatopellico de sonnolencia producido polo cansinismo e aburrimento) raca raca... seguimos dando a matraca,producides o mesmo efecto co ruido dos grilos e outros sons da natureza nunha tarde de estio e siesta

9 rassing

Demostración de forza en pouco mais de 3300 m2 non sei eu se sera moita forza?

8 undamariña

sacade a lobeira de ahi, que parece fidel castro sen barba, con persoaxes desa indole vamos cara o 5% de votos, seguide asi que xa veredes como as urnas van a cantar.

1 Viva Cuba e Galiza!

Como camarada de Lobeira obrigado pola referencia ao líder da Revolución Cubana e referente dos povos de América. Patria ou Morte! Venceremos!

7 Doniños

O cerebro privilexiado de Lobeira non dá para máis. Pero claro, hai que intentar xustificar o sueldazo. Irán os liberados da CIG á festa da bandeiriña e logo a gozar do veraneo.