Bugallo quere contar cos reis para o Día do Apóstolo: "sería unha satisfacción"

Agarda tamén que o Papa pase por Santiago antes de final de ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2022 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, mostrou o seu desexo de que o Papa Francisco visite antes de final de ano a cidade con motivo da celebración do Ano Santo e asegurou tamén que sería unha "satisfacción" contar coa presenza dos reis o día 25 de xullo.

Nunha rolda de prensa celebrada este venres e preguntado pola visita do rei emérito a Galicia, o alcalde afirmou que a relación de Juan Carlos coa cidade sempre foi "cordial e correcta" aínda que recoñeceu que "as cousas que pasaron supuxeron unha decepción importante".

"Pero a día de hoxe é unha persoa que non ostenta ningún tipo de responsabilidade nin de representación institucional e por tanto, libre de circular por unha banda ou por outro", dixo. Tras iso, trasladou a súa vontade como rexedor de que Santiago manteña unha "especial vinculación" coa Casa Real, como "está a facer co actual rei". "E sería un motivo de satisfacción contar coa presenza dos reis o día 25 de xullo", sostivo.

Ademais, explicou que "existe a posibilidade" de que o Papa Francisco visiste Santiago de Compostela "antes de final de ano". "E esperamos con ilusión e paciencia que se poida materializar", afirmou. O alcalde da capital galega, que recoñeceu as dificultades que a visita se produza no mes de agosto, lembrou que a última visita dun Papa a Galicia tivo lugar a finais de 2010, tamén coincidindo coa celebración do Ano Santo.

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta