Mobilización en Cerdedo-Cotobade contra a instalación de eólicos en Campo das Rosas e Portovidros

Durante o transcurso da semana, a mobilización de veciños e comunidades de montes levou a que o Concello e todos os grupos políticos apoien a convocatoria da mobilización.

Por Galicia Confidencial | Cerdedo-Cotobade | 20/05/2022 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

A Asociación Veciñal Alarma na Terra de Montes e a Plataforma Así Eólicos Non de Cerdedo Cotobade convocaron unha marcha para o domingo 22 de maio ás 12 horas na praza do Concello de Cerdedo en contra dos parques eólicos Campo das Rosas e PortoVidros.

O alcalde de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), Jorge Cubela, encabeza unha protesta contra o proxecto eólico dos Cotos.. CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE
O alcalde de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), Jorge Cubela, encabeza unha protesta contra o proxecto eólico dos Cotos.. CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE

Desde as dúas asociacións apúntase que nun principio a iniciativa partiu do BNG de Cerdedo-Cotobade, para acabar esta semana nunha convocatoria unitaria na que chaman a participar as comunidades de Montes de Quireza, Pedre, Chamadoira, Corredoira, San Bernabé, a Asociación de Veciños de Cuíña, o Partido Popular, o PSdeG-PSOE e o BNG. Pola súa parte, a Asociación Veciñal Alarma na Terra de Montes e a Plataforma Así Eólicos Non de Cerdedo- Cotobade celebran a unidade e a forza veciñal e tamén se unen á protesta.

Ambas entidades veciñais recordan que ademais de Campo das Rosas e Porto Vidros, no Concello de Cerdedo- Cotobade e comarca de Terra de Montes, hai proxectados máis dunha vintena de parques eólicos coas súas conseguintes liñas de alta tensión. Isto suporá "a devastación de practicamente todo o territorio con consecuencias nefastas para o futuro dos veciños e por iso chaman a non baixar a garda e a manterse unidos, pedindo a participación nesta protesta e en todas as que se fagan para defender a vida no rural", sinalan.

Do mesmo xeito, recórdanlle aos concellos limítrofes da Estrada, Forcarei, Campo Lameiro e
Beariz o chamamento da veciñanza a "actuar unidos e con contundencia para defenderse da invasión eólica que se está a sufrir a comarca". Así pois, actualmente encóntranse en prazo de alegacións os proxectos eólicos Outeiro Grande, Monte Festeiros, Dos Cotos e Conexión Beariz 400 Kv.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta