Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 13/07/2014
Parece mentira que un conxunto como o de Combarro, declarado Patrimonio Histórico, poida soportar brincadeiras como esta, en pleno centro urbano. ¿Qué é realmente o que se arrenda, un espazo sen rematar con vistas ao mar? Xa non pensemos no noso Patrimonio, pensemos nos que nos visitan e a imaxe que levan dos galegos.
Non é un problema, como moitas veces, de falla de recursos, non se lle pode botar a culpa á crise. Cos cartos que gastaron na fachada neobarroca (hortera, en síntese), poderían ter rematada a casa por fóra.
Solución: O Alcalde de Poio (Pontevedra), nas súas atribucións outorgadas pola lei do solo e polo Regulamento de Disciplina Urbanística de Galicia ten que obrigar aos propietarios a rematar a casa exteriormente, con máis razón por estares onde está: Combarro.
Carlos Coto
Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.
Todos os artigos de Carlos Coto aquí.