Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/05/2022 | Actualizada ás 11:49
Os decanos das cinco facultades galegas de Economía e Administración de Empresas de Galicia critican tamén duramente o nobo borador do Decreto para o currículo de ESO e bacharelato en Galicia proposto pola Xunta. Denuncian que reduce as materias nestas áreas e apoian as reclamacións da Asociación Galega de Ensinantes de Economía de Secundaria (AGAEDES).
A través dun comunicado conxunto, os decanos recoñecen que nas tres universidades públicas galegas preocupa que a falta de competencias e coñecementos previos vai dificultar a adaptación do novo alumnado que ingrese nas facultades.
Advirten os decanos que o borrador do Decreto para a currículo de ESO e bacharelato en Galicia reduce contidos de formación económica, empresarial, financeira e de emprendemento. Ademais critican que na proposta da consellería non se propón a posibilidade de materias optativas que corrixan en parte a situación.
Tamén indican que a redución de contidos relacionados coa economía e a empresa vai en contra das recomendacións da OCDE e a UE sobre educación financeira e para o fomento do emprendemento. Por iso, apoian a proposta que presentou AGAEDES á Consellería de Educación con materias optativas para ofertar ao alumnado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.