O BNG volve cargar contra a designación para o Senado de Feijóo: "xa se está empadroando en Madrid"

Ven "bochornoso e vergonzante" a proposta, á que votarán non.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2022 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, manifestou que é "tal o despropósito" da designación dos senadores por designación autonómica, que un deles, o ex presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, "xa se está empadroando en Madrid e nin sequera vai vivir en Galicia".

En declaracións previas ao pleno extraordinario deste martes, que arrinca ás 16 horas, Olalla Rodil, que lembrou que a súa formación "non" vai apoiar esta designación, quixo deixar "moi claro" que a formación nacionalista "non vai apoiar a designación de Feijóo e o seu fontaneiro político" como senadores por designación autonómica.

"É bochornoso e vergonzante o uso partidista que o PP fai das institucións, como pretenden usar o Senado para recolocar a Feijóo e Tellado para aforrarlle dous salarios ao PP, para darlle un altofalante a un partido á conta dos galegos", manifestou. A dirixente nacionalista remarcou que "é tal o despropósito" que "una das persoas que se vai a escoller, o señor Feijóo, está a empadroarse en Madrid". "É dicir, nin sequera vai vivir en Galicia", denunciou, antes de concluír "é tal a desvergoña, qu ee sel PP en estado puro"

A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, en rolda de prensa
A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta