Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 29/05/2022 | Actualizada ás 11:47
Naquelas situacións comunicativas en que queremos manifestar que alguén está cheo de alegría e moi contento ou satisfeito, podemos optar, en función do que máis nos convenza ou do que nos saia de xeito natural no momento en cuestión, por varias secuencias lingüísticas, coma por exemplo as que reflectimos no seu día no artigo “Contento # Alegre coma un cuco”, equivalente, entre outras, á castelá “contento # alegre como unas castañuelas”.
Outras das secuencias que poden en moitos casos compartir espazos de uso coas que se reflicten no referido artigo son as que imos ver hoxe, que, grosso modo, poderiamos dicir que virían a se corresponder coa castelá no caber en sí de gozo:
(Estar que) No caber en sí[en mí, en ti...] de gozo
(Estar que) No caber en sí[en mí, en ti...] de contento # de alegría
{= Estar (o suxeito gramatical do enunciado) moi cheo de alegría e contento ou satisfeito.}
(Estar que) Non coller/caber no cacho
(Estar que) Non coller/caber na cuncha
(Estar que) Non coller/caber nos coiros
(Estar que) Non coller/caber na roupa
[E MAIS]:
(Estar que) Non coller/caber en si de contento # de gozo # de alegría
(Estar que) Non lle coller/caber a alegría no peito # no corpo
Ex.: Desde que salió en la portada del National Geographic (está que) no cabe en sí de gozo.
Des que saíu na portada do National Geographic (está que) non colle no cacho ‡ (está que) non colle na cuncha ‡ (está que) non colle na roupa ‡ (está que) non colle en si de alegría ‡ (está que) non lle colle a alegría no peito.
● Tamén:
(Estar que) Reloucar (de contento # de alegría) && (Estar que) Non coller/caber no coiro && (Estar que) Botar por fóra && [E MAIS, SE CADRA ASOCIADAS A ÁMBITOS DE USO UN TANTO MÁIS COLOQUIAIS E INFORMAIS]: (Estar que) Non coller/caber nos pantalóns && (Estar que) Non lle caber o cu nas calzas
● E mais tamén:
(Estar que) Bailar en una pata
(Estar que) Bailar na punta do pé && (Estar que) Bailar nunha perna && (Estar que) Bailar nunha cesta
● E inda, ligadas a contextos de uso coloquiais e informais:
Estar que no cagar # que no mear && [E MAIS]: (Estar que) No caberle una paja por el culo
Estar que non cagar # que non mexar && (Estar que) Non lle coller/caber unha palla no cu # polo cu && (Estar que) Non lle coller/caber unha agulla no cu # polo cu && (Estar que) Non lle coller/caber unha agulla polo cu (para) arriba && (Estar que) Non lle coller/caber un garabullo no cu # polo cu && (Estar que) Non lle coller/caber un garavanzo no cu # polo cu && (Estar que) Non lle coller/caber un gran de millo no cu # polo cu && (Estar que) Non lle coller/caber un feixón no cu # polo cu && (Estar que) Non lle coller/caber un granceiro no cu # polo cu && (Estar que)
● E gardando relación, na medida en que se aplican ós animais con rabo, para indicar que están moi contentos:
(Estar que) Irlle caer o rabo
NOTAS:
1. En relación co fraseoloxismo non coller/caber no cacho, entendemos que a voz cacho fai referencia á acepción número 3 reflectida no DRAG, o cal nos leva a establecer tamén unha clara relación semántica co fraseoloxismo non coller/caber na cuncha.
2. A voz granceiro, que forma parte do fraseoloxismo non lle coller/caber un granceiro no cu # polo cu, e que non está recolleita como forma normativa léxica, é posible que faga referencia ó gran de millo, tal e como reflicte Eligio Rivas Quintas na súa obra Frampas, contribución al diccionario gallego.
3. Parece que a expresión (estar que) irlle caer o rabo ten precisamente a súa orixe no feito de moitos animais moveren con entusiasmo e vigor o rabo (de aí que “lles vai caer”) cando ventan algo positivo.
4. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Barbeito Lorenzo, María Dolores: “Frases feitas do Concello das Neves”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 293-301. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 3”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 199-210. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Da Cerna: “Ditos, frases feitas e refráns”, no blog “Da Cerna”, accesible no enderezo https://dacerna.blogspot.com/p/ditos-e-frases-feitas.html.
- Fraseoloxía Carcamana. Dentro do blog Historia e historias da Arousa.
- García Represas, Delio: Estudio na fala de Xinzo, Ponteareas. Contribución á lingüística descriptiva do galego. Tese de licenciatura, 1996. Universidade de Santiago de Compostela.
- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Guerra Otero, Pilar: Así falan en Trasar (1 e 2). Obra á que se pode acceder, a través de Internet, nos enderezos seguintes:
- Martínez Seixo [agora, Martíns], Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.
- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “120 locucións verbais galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 12, 2010, páxs. 373-386. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Penín Rodríguez, Dorinda: “Frases feitas de San Lourenzo de Abelendo”. Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, páxs. 255-264. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega. Versión en liña.
- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración:
a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.
b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.
c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.
Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.