A Xunta impulsa un sistema de certificación da calidade dos centros residenciais

Empezarán a emitirse informes sobre os centros públicos autonómicos e poderán sumarse privados e municipais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2022 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

Galicia contará cun plan para medir a calidade dos seus centros residenciais en base a uns estándares que permitirá a emisión duns certificados de cumprimento dunha serie de medidas e normas internacionais.

A iniciativa, dotada cun orzamento para a súa posta en marcha de 117.000 euros, recibiu luz verde por parte do Consello da Xunta na súa reunión deste mércores. O plan comezará a implantarse nos centros de titularidade autonómica, onde se medirán as condicións de cumprimento dunha serie de parámetros de calidade que quedarán plasmados nun certificado.

Os centros municipais e privados tamén poderán acollerse a esta iniciativa, que a Xunta prevé implantar para as súas instalacións "entre este ano e o que vén". O obxectivo, segundo explicou o presidente autonómico, Alfonso Rueda, é "mellorar a xestión da calidade dos centros" e enmárcase "no novo modelo de residencias".

Todo iso para "avanzar máis nos alicerces" do novo modelo de residencias deseñado polo comité asesor sociosanitario da Xunta.

Residencia de maiores das Gándaras
Residencia de maiores das Gándaras | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta