A Xunta di estar "vixiante" ante unha posible aparición de casos de gripe aviaria

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 26/05/2022 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia mantense "vixiante" ante a posible aparición de casos de gripe aviaria, e tomará as medidas que determinen as autoridades españolas se fose "necesario", aínda que non se detectaron focos no territorio galego.

Galiñas no rural
Galiñas no rural | Fonte: Europa Press.

Así o trasladou o conselleiro do Medio Rural, José González, en Ourense, onde explicou que o Goberno galego seguiu os protocolos estipulados en materia de sanidade animal.

"Non tivemos a desgraza de que haxa aquí casos, por tanto estaremos atentos e vixiantes e, en todo caso, tomaremos as medidas que conxuntamente se determinen polas autoridades, neste caso españolas, se é necesario", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta