Discriminadas polo Choco

O equipo feminino abandona o club de Terceira División polo "desprezo deportivo” que sinten de parte da directiva. Denuncian que pagan todos os seus gastos mentres o Choco CD recibe subvencións e presenta superávit.

Por gcdeportes | Redondela | 23/07/2014 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Desta volta non é un club que se retira da competición. Son unhas xogadoras que marchan do club pola falta de apoios e polo “desprezo deportivo” que din sufrir dende a propia directiva.
Xogadoras, adestrador e delegado do Choco feminino, que militou a pasada tempada na 1ª división galega, anunciaron nun comunicado a súa decisión de abandonar o CD Choco por ese “desprezo deportivo" que denuncian ante os socios, veciños e institucións.

As deportistas acusan á directiva de "alardear da súa boa xestión económica" na recente asamblea, pechando o ano cun superávit de 6.200 euros, mentres que elas levan dous anos pagando do seu peto "a roupa de adestramento e a mutualidade de accidentes deportivos", e ademáis nin medias teñen para os partidos oficiais.

Segundo a súa denuncia, os dirixentes lles obrigan a descender de categoría por xerar “un déficit de 3.000 euros ao ano, sen descontar a parte proporcional das subvencións procedentes do Concello, Deputación de Pontevedra e Xunta que nos corresponden". E añaden: “A súa filosofía de que cada equipo debe ser autosuficiente xerando ingresos para os seus gastos é digna de estudo xa que entón nos preguntamos onde van parar as subevecións oficiais”.

Segundo explica o comunicado, “a súa falta de interese polo equipo feminino era desmotivadora xa que nunca ningún directivo viaxou co equipo, moitas veces nós abriamos o campo para xogar os domingos pola tarde (…), aínda así xogamos a fase de ascenso á categoría nacional”.

A pesares das pedras que atopan no camiño, as xogadoras (o 80% son de Redondela) manteñen a súa paixón polo fútbol e tentarán seguir xogar noutro sitio. E remata o comunicado: “Sorte ao CD Choco nas súas distintas categorías, faita vaille facer coa directiva que nesetes momentos dirixe o seu destino”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xan

Polo mesmo camiño que va os demais equipos, o Compos tamen deixou o femenino?