Arrinca a tempada dos Trens Turísticos con dúas novas rutas: a do queixo e a das Mariñas

Tamén se pon en marcha o "Galicia Rail Pass", un abono para percorrer Galicia durante tres días consecutivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2022 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

Renfe, a Axencia de Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) presentaron este xoves a novena tempada dos Trens Turísticos de Galicia, que este ano incorporan dous novos percorridos: a 'Ruta dos Queixos de Galicia' e a 'Ruta das Mariñas'.

A iniciativa, en marcha desde 2013, suma así un total de 13 itinerarios. Destacan que os prezos se manteñen desde 2019: 45 euros para adultos e 20 euros para rapazada por ruta. Ademais, as persoas usuarias poden beneficiarse do "Galicia Rail Pass", un abono para percorrer Galicia durante tres días consecutivos. As condicións poden consultarse aquí

O Executivo explica nun comunicado que "os bos datos obtidos na pasada edición", cando se pechou a campaña cunha ocupación do 97,5%, fan que neste ano se incrementase tanto o número de saídas, de 22 en 2021 a 37 en 2022 --un incremento do 59%--; así como o número de prazas, que crece un 76%, pasando de 1.532 a 2.696asentos.

No que respecta ás novidades, a 'Ruta dos Queixos de Galicia' percorre tres das catro denominacións de orixe galegas. En primeiro lugar, en Sobrado dos Monxes, visitarase a Casa do Queixo, con degustación dos queixos de Teto e Arzúa-Ulloa. A seguinte parada será a queixería Don Crisanto, en Vilalba, co seu queixo San Simón da Costa. Tras o xantar (libre) en Lugo coñecerase o proxecto de ecoagroturismo de Arqueixal, en Albá (Palas de Rei), co queixo Arzúa-Ulloa como produto estrela.

Pola súa banda, a 'Ruta das Mariñas' levará os viaxeiros desde A Coruña ata Ferrol polas Mariñas e Terras do Mandeo, reserva da Biosfera. A primeira parada será Betanzos, e a continuación, en Paderne, visitaranse as instalacións de Orballo, que conta coa única plantación de té da Europa continental. O tren pasará por Pontedeume e finalizará en Ferrol, cun paseo en barco pola súa ría, defendida polos castelos da Palma e San Felipe, e un paseo polo barrio da Madalena, do período da Ilustración.

Presentación da novena tempada dos Trens Turísticos de Galicia. XUNTA DE GALICIA
Presentación da novena tempada dos Trens Turísticos de Galicia. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta