Rueda tras a desaparición de Casa Galicia de Uruguai: "Hai outras institucións que manteñen a galeguidade"

O hospital deste centro foi subastado e aqurido por 15,3 millóns de dólares por Círculo Católico.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/06/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este xoves que, a pesar da desaparición de Casa Galicia, o maior centro da emigración galega en Uruguai, e da venda do seu hospital, "hai outros centros galegos que manteñen a galeguidade", en alusión, a outros centros emigrantes doutros países receptores de emigrantes como Arxentina.

Sanatorio Casa de Galicia
Sanatorio Casa de Galicia | Fonte: CASA DE GALICIA - Europa Press.

Preguntado por GC, tras coñecerse este mércores que un dos grandes referentes sanitarios da comunidade galega en Uruguai deixou de existir e foi subastado por 15,3 millóns de dólares e adquirido por Círculo Católico, Rueda suliñou que a Xunta segue axundando e garantindo a saúde dos seus emigrantes.

FEIJÓO DEFENDEU A INTERVENCIÓN

 

O ex titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aseguraba hai oito meses que o confiaba na palabra do presidente uruguaio, Luis Lacalle Pou, quen defendeu a vía elixida (a intervención temporal) para evitar unir Casa de Galicia con outros centros sanitarios, algo que finalmente acabou acontecedendo.

 

Feijóo destacaba entón a importancia deste centro para a colectividade galega e os miles de mutualistas ligados ao mesmo, á vez que se remitiu ás palabras de Lacalle. "Casa de Galicia ten que ser Casa de Galicia", esgrimiu o presidente galego.  Finalmente, Casa Galicia será Círculo Católico sen ningunha vinculación coa comunidade galega a pesar das axudas recibidas pola Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta