Unha serie documental percorre a tradición dos órganos en Galicia

Pode verse no Portal da Lingua Galega e na canle de Youtube de Política Lingüística.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/06/2022 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

A serie documental 'Corpo de vento: viaxe ao corazón dos órganos galegos', composta de catro capítulos duns 20 minutos cada un, percorrerá a historia deste instrumento en Galicia. Poderá verse no Portal da Lingua Galega e na canle de Youtube de Política Lingüística.

Serie documental 'Corpo de vento: viaxe ao corazón dos órganos galegos'.
Serie documental 'Corpo de vento: viaxe ao corazón dos órganos galegos'.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou, este xoves en Santiago, este documental realizado pola produtora Sirgo Torceando, financiado pola Xunta a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. Xunto ao secretario xeral, estiveron presentes a directora artística e produtora executiva do proxecto, Belén Bermejo, e o encargado da dirección e do guión de 'Corpo de vento', Andrés Díaz Pazos.

Estes episodios abordan diferentes aspectos relacionados co instrumento. A historia mostra desde o contexto xeral do órgano en Galicia ata os principais instrumentos que se poden atopar no territorio. Tamén referencia aos organistas, organeiros e industrias de Galicia.

Ademais, esta serie documental vea polo achegamento ao ámbito lusófono mediante a participación de músicos portugueses. Por iso, o documental foi gravado en distintas localidades de Galicia e no norte de Portugal.

Por último, a iniciativa conta coa colaboración do actor José Manuel Fernández 'Pepes' e dos escritores Eva Veiga e Carlos Penela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta