Os casos covid volven achegarse ás 10.000 persoas tras case mil contaxios diarios

A taxa de positividade volve aumentar a case un 38% e os falecidos pola pandemia ascenden a 3.535 ao sumar outros dous óbitos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2022 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso en Galicia e sitúanse en 9.376, que implican 571 máis que a xornada anterior, tras detectarse outros 929 contaxios; mentres que os hospitalizados descenden a 419 --dez menos--. A taxa de positividade, pola súa banda, aumenta a case un 38 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, descenden a 15 os pacientes en UCI pola Covid en Galicia con respecto ao día anterior --dous menos-- e a 404 os hospitalizados noutras unidades --oito menos--, mentres que 8.957 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o venres 3 de xuño, había 434 ingresados, deles 20 en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en catro das sete: A Coruña-Cee, Vigo, Santiago-Barbanza e Pontevedra-O Salnés: mantense sen cambios na de Ferrol; e aumenta lixeiramente nas de Ourense e Lugo. No casco concreto da da Coruña e Cee descenden a cinco os pacientes Covid en UCI --un menos-- e a 83 os hospitalizados noutras unidades --oito menos--; mentres que na de Vigo queda un en críticos --un menos-- e permanecen 83 noutras unidades --sen cambios--.

Na área de Santiago e Barbanza segue unha persoa en UCI pola Covid e descenden a 58 os ingresados noutras unidades --cinco menos-- e na de Pontevedra e O Salnés, aínda que aumentan a catro os críticos --un máis--, baixan a 45 os hospitalizados noutras unidades --tres menos--.

Pola súa banda, na área de Lugo descenden a dous os pacientes Covid en UCI --un menos--, pero aumentan a 45 os doutras unidades --cinco máis--; e na de Ourense segue un en críticos e ascenden a 55 os doutras unidades --tres máis--. E na área sanitaria de Ferrol permanece un paciente ingresado na UCI pola Covid-19 e 35 persoas noutras unidades de hospitalización, sen cambios en ambos os casos.

CASOS EN AUMENTO

Por cuarta xornada consecutiva os casos activos de Covid-19 ascenden en Galicia e volven superar os 9.000 ao situarse en 9.376, que implican 571 máis que o día anterior, ao haber máis contagios (929) que altas (356), ao que se suman outros dous falecementos. O venres anterior, 3 de xuño, había 9.003 infeccións activas na Comunidade galega.

O ascenso de novo é xeneralizado nas sete áreas sanitarias, coa da Coruña e Cee á fronte (+139), seguida da de Vigo (+137), Pontevedra e O Salnés (+84), Santiago e Barbanza (+75), Ourense (+61), Lugo (+47) e Ferrol (+25). Por tanto, a área de Vigo mantense con máis casos activos e volve exceder a barreira dos 2.000, con 2.044; seguida da da Coruña e Cee, con 1.932; Santiago e Barbanza, con 1.696; Ourense, con 1.280 e Pontevedra e O Salnés, con 1.012. As outras dúas seguen por baixo do milleiro de infeccións activas: Lugo, con 949 e Ferrol continúa á cola, con 457.

CONTAXIOS DIARIOS

En canto aos novos contagios de Covid-19 descenden lixeiramente a 929, que supoñen 27 menos que os 956 do xoves; tras os 949 do mércores, 786 do martes e despois de comezar esta semana con 391 novos casos abertos nas últimas 24 horas. 

E a taxa de positividadE --número de PCR positivas por cada 100 realizadas-- repunta ao 37,97 por cento no conxunto de Galicia, tras baixar ao 31,72% o xoves, despois de aumentar ao 39,03% o mércores, descender ao 26,64% o martes e comezar esta semana no 27,69%. Así, segue por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS 

As vítimas da pandemia da Covid-19 en Galicia rexistradas na web do Sergas ascenden 3.535 despois de notificar a Consellería de Sanidade este venres outros dous óbitos.

UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - Xunta.   / Europa Press
UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - Xunta. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta