Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 29/07/2014
Se a Administración quere impoñer respecto e cumprimento da normativa (porque a lei do solo di ben claro que as obras débense rematar en prazo), o primeiro que ten é que dar exemplo. A estrutura fica abandonada dende hai varios anos e, nin arre nin xo.
Xa que logo, o que debemos esixir neste caso é que a Administración competente remate a obra ou que se proceda á demolición, como así lle queren esixir aos particulares.
E temos que ir mudando de costumes viciosas. Os proxectos débense adxudicar por concurso, os seus orzamentos teñen que ser reais, e non deben perderse cartos polo camiño.
Carlos Coto
Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.
Todos os artigos de Carlos Coto aquí.