Por Galicia Confidencial | Vigo | 13/06/2022 | Actualizada ás 12:44
O escritor Marcos Calveiro acaba de ser nomeado novo director de Edicions de Galaxia, un cargo no que asumirá competencias que actualmente ten o director xeral, Francisco Castro, cuxo mandato está xerando numerosas críticas en moitos ámbitos da cultura galega.
Calveiro naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil. Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, o Barco de Vapor ou o Lazarillo. Tamén publicou obras no campo da poesía e o ensaio e en 2008 publicou a súa primeira novela
dirixida ao público adulto, "Festina Lente", recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega. En 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa novela "Fontán" e en 2017 o XXIX Premio García Barros coa novela "O xardineiro dos ingleses".
Xa se publicou, na Editorial Galaxia, o primeiro tomo da saga dedicada a Curros & Holmes, titulada "Curros & Holmes no misterio d’o Kapital".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.