Camilo Nogueira, Javier Olleros e Javier Sánchez de Dios, Medallas Castelao 2022

Súmase o club de fútbol sala Pescados Rubén e a coral da Coruña El Eco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2022 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

O político nacionalista Camilo Nogueira, o chef Javier Olleros e o xornalista Javier Sánchez de Dios serán galardoados coa Medalla Castelao 2022 este 28 de xuño.

Ademais, súmanse o club de fútbol sala Pescados Rubén, nomeado mellor equipo do mundo e campión de Europa; así como a coral coruñesa El Eco, fundada por Pascual Veiga.

Na rolda de prensa posterior ao Cosello, Rueda destacou a traxectoria política de Camilo Nogueira, "un dos pais do Estatuto" galego, que este ano cumpre 40 anos.

Ademais, o presidente autonómico subliñou a carreira "consolidada" do xornalista que actualmente é articulista e destacou o recoñecemento do cociñeiro Estrela Michelín.

O titular do  Goberno galego, Alfonso Rueda Valenzuela, preside a reunión do  Consello da Xunta..  DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda Valenzuela, preside a reunión do Consello da Xunta.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

Agardo do señor Nogueira que non acepte ese insulto dos aliados de Vox...

1 Ricardo R.

Camilo Nogueira, pero que patéticos son estos del PP.