A OPE de enfermaría amplíase en 230 prazas

Puntuará máis traballar en centros "illados" e durante a pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2022 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou a ampliación da oferta pública de emprego extraordinaria de estabilización de emprego temporal para enfermaría, que se aprobou con 1.070 prazas o pasado mes de marzo. O Cosello aumentou 230 máis, ata as 1.300.

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Goberno, o mandatario autonómico explicou que do total de prazas, 958 serán de acceso por quenda libre, 268 de promoción interna e 64 estarán reservadas para persoal con algunha discapacidade.

Entre as principais novidades desta oferta de emprego, para a que as persoas interesadas terán de prazo de inscrición ata o 15 de xullo, será a maior puntuación para quen ten traballado en centros sanitarios comarcais ou "illados" e durante a pandemia.

Centro de saúde, atención primara / Europa Press. / Europa Press
Centro de saúde, atención primara / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta