A Xunta acusa ao Goberno de que os galegos paguen unhas peaxes "que non teñen que pagar"

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, sinala que "a Xustiza dixo que non ten que ser a Xunta de Galicia quen pague esa liberación de peaxes".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2022 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, celebrou a sentenza do TSXG que exime á Xunta de pagar ao Goberno 15,6 millóns polas peaxes en sombra de Rande e A Barcala e lamentou que o Goberno España "porfiase" en que os galegos "pagasen por algo que non teñen que pagar".

"A xustiza falou con moita claridade", dixo a conselleira, que incidiu en que a liberación das peaxes dunha estrada estatal débea abonar o Ministerio de Transportes, e a AP-9 cumpre o requisito de ser unha estrada estatal.

"A Xustiza dixo que non ten que ser a Xunta de Galicia quen pague esa liberación de peaxes", manifestou a titular de infraestruturas, que criticou que o Ministerio "pretendía que os galegos pagasen algo que non teñen que pagar".

Así, trasladou que "é a segunda sentenza que ditaminan neste sentido". "E é a segunda vez que a xustiza nos dá a razón á Xunta de Galicia", apuntou.

AP-9, autoestrada, peaxes. AUDASA
AP-9, autoestrada, peaxes. AUDASA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta