San Cibrao das Viñas terá o centro de referencia en ciberseguridade de Galicia

O Centro de Excelencia en Ciberseguridade terá un investimento de 4.2 millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/06/2022 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

A Xunta licitou o proxecto do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia co obxectivo de que sexa unha realidade a mediados do 2025, tras un investimento de 4.2 millóns de euros. Estará situado no Concello ourensán de San Cibrao das Viñas.

Ciberseguridade
Ciberseguridade | Fonte: arquivo

O novo centro será froito da colaboración entre a Conselleria de Facenda, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, impulsora deste proxecto, e a Conselleria de Infraestruturas e Mobilidade, que acometerá as obras de edificación. Motivo polo que ata San Cibrao das Viñas se desprazaron o titular de Facenda, Miguel Corgos, e a titular de infraestruturas, Ethel Vázquez.

Así pois, Vázquez avanzou que a Xunta prevé adxudicar este mesmo outono o contrato para a redacción do proxecto construtivo, que estará terminado na próxima primavera, para iniciar a continuación a contratación e o inicio das obras.

En canto ás características do edificio, o encargado de explicalo foi o conselleiro Miguel Corgos. "As tecnoloxías da información e a comunicación están a cambiar a nosa forma de relacionarnos e de comunicarnos entre a administración e os cidadáns, por iso Galicia debe ser protagonista nesta novo paradigma", dixo. Polo que o edificio contará con máis de 2.000 metros cadrados de superficie construída, albergará espazos de monitorización e xestión de ciberseguridade, áreas de traballo e concienciación, zonas de uso externo e locais de emprendimiento e de aluguer para empresas privadas. Os traballos ademais completaranse cunha área para estacionamento de 40 prazas.

"Este centro ten como meta contribuír ao fortalecemento da ciberseguridade na contorna da administración pública, da cidadanía e das empresas", destacou Corgos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta