Apoio do Parlamento á iniciativa de que policías autonómicos inspeccionen establecementos e máquinas de xogo

Ínstase á Xunta a organizar na Academia Galega de Seguridade actividades de formación para mellorar as competencias dos axentes da Policía Autonómica á hora de velar polo cumprimento das normativas en materia de xogo e apostas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2022 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia, co respaldo unánime dos grupos, apoiou unha iniciativa que propón que os policías autonómicos reciban cursos de formación en inspeccións de establecementos e máquinas de xogo.

A iniciativa, proposta polo grupo do PP, foi aprobada por unanimidade na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior; celebrada na mañá deste mércores.

En concreto, o texto insta á Xunta a organizar na Academia Galega de Seguridade actividades de formación para mellorar as competencias dos axentes da Policía Autonómica á hora de velar polo cumprimento das normativas en materia de xogo e apostas.

Así, os grupos demandan que os axentes reforcen as súas capacidades de inspección en establecementos, máquinas e aparellos nos que poden relizarse apostas ou xogar por diñeiro.

Hemiciclo galego no XI Lexislatura, con Rueda como presidente e Elena Candia na Mesa da Cámara. PARLAMENTO DE GALICIA
Hemiciclo galego no XI Lexislatura, con Rueda como presidente e Elena Candia na Mesa da Cámara. PARLAMENTO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta