A multinacional Rafaella Resources quere converter a mina de Varilongo en "líder" da produción de wolframio

Presenta ante a autoridade bolsista australiana un estudo de previabilidade onde se mostra "o enorme potencial económico" do proxecto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2022 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

Rafaella Resources acaba de facer públicos, ante a autoridade bolsista australiana, os resultados dun detallado estudo de previabilidade onde se mostra "o enorme potencial económico" do proxecto de wolframio e estaño de Santa Comba se se realiza unha explotación integrada en Varilongo da mina subterránea, coa autorización vixente, e en superficie, pendente de realizar a tramitación correspondente.

O estudo económico presentado, explica a compañía, "apoia o importante investimento de capital requirida e a creación de significativos postos de traballo a longo prazo na zona".

Rafaella Resources dedícase á exploración e o desenvolvemento de proxectos mineiros e réxese, asegura, "polos principios da minaría moderna e sustentable, aplicando os mellores estándares en seguridade e saúde, protección ambiental e responsabilidade social corporativa coa contorna social e natural onde desenvolve as súas operacións".

Propietaria tamén dos dereitos de explotación da mina de San Finx, Rafaella Resources pretende converterse nun provedor importante de estaño e wolframio para Europa e Norteamérica.

Steven Turner, director xeral, afirmou que "coa recente mellora da estimación do potencial económico de explotación", a mina de Santa Comba "demostra ser un proxecto estratéxico para dispoñer dunha fonte de subministración dun metal crítico como é o wolframio no seo de Europa e para asegurar postos de traballo e estabilidade económica na zona a longo prazo". "A mina de Santa Comba xunto coa de San Finx poden chegar a ser líderes na produción de estaño e wolframio durante moitos anos, unha vez que obteñamos todos os permisos necesarios", engadiu.

Mina de Varilongo, en Santa Comba
Mina de Varilongo, en Santa Comba | Fonte: OGolpe en es.wikiloc.com.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta