A Cámara de Comercio da Coruña reclama revisar os prezos en contratos administrativos

Igualmente ve con "preocupación" a situación do sector do transporte, polo que demanda medidas que garantan "o eficiente funcionamento dun sector básico na comercialización empresarial".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2022 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O comité executivo da Cámara de Comercio da Coruña alertou de "as importantes dificultades que están a pasar as empresas contratistas coas administracións públicas en materia de obras, bens e servizos".

Por este motivo, entende que, entre as actuacións do novo programa de medidas anticrise, a aprobar polo Consello de Ministros, "deben arbitrarse medidas eficaces que permitan a revisión de prezos nos contratos administrativos coas administracións públicas".

"Esta revisión debe afectar á totalidade de custos, tanto de materias primas, subministracións, enerxía ou custos de persoal". "Só desta maneira podemos garantir a adecuada prestación por parte das empresas, sen que se xere un desequilibrio económico que pode acabar coa súa pervivencia e a dos postos de traballo que xera".

Igualmente ve con "preocupación" a situación do sector do transporte, polo que demanda medidas que garantan "o eficiente funcionamento dun sector básico na comercialización empresarial, adoptando medidas fiscais e administrativas que permitan o exercicio eficiente da actividade neste sector".

Cámara de Comercio da Coruña
Cámara de Comercio da Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta