Un de cada catro galegos está en risco de pobreza

Segundo a nova taxa Arope O risco de pobreza en Galicia baixa ata o 20,2% en 2021, por baixo da media estatal

Por Europa Press / Redacción | Vigo | 29/06/2022 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

Un 25,2% dos galegos está en risco de pobreza ou exclusión social, segundo a nova definición da taxa Arope (At Risk Of Poverty or social Exclusion, polas súas siglas en inglés). Dita taxa creouse en 2010 a efectos de medir a pobreza relativa en Europa e en 2021 introduciuse un cambio metodolóxico que afectou a algún dos seus parámetros. Así, un 24,5% dos galegos estaría en risco de pobreza ou exclusión social de manterse a metodoloxía o ano pasado, diminuíndo en 1,2 puntos porcentuais respecto de 2020.

Coa nova taxa Arope, Galicia volveu situarse mellor que a media do total de España, onde un 27,8% das persoas está en situación de risco de pobreza ou exclusión social, sempre segundo datos do INE, recollidos por Europa Press.

Pola súa banda, un 37,1% dos galegos non pode permitirse ir de vacacións polo menos unha semana ao ano. No total de España, este dato sitúase no 32,7% da poboación. Pola súa banda, un 24,7% dos habitantes de Galicia non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos, así como un 33,4% dos españois. Así mesmo, un 9% dos galegos e un 14,4% do total de españois confesa ter atrasos en pagos relacionados coa vivenda principal ou en compras a prazos.

Ademais, un 6,9% dos galegos e un 8,8% do total de habitantes de España asegura ter "moita dificultade" para chegar a fin de mes. Tamén un 3,8% dos galegos di ter carencias materiais severas en 2021, baixando desde o 5,2% de 2020, e un 9,9% vive en fogares con baixa intensidade no traballo, subindo desde o 8,5% dun ano antes.

Pobreza infantil.
Pobreza infantil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta