A biografía de Francisco Rodríguez

O pasado 25 de xullo, e tras o tradicional xantar nacionalista na Carballeira de Santa Susana en Compostela, presentouse o libro 'As memorias de Francisco Rodríguez', do xornalista Xosé Mexuto, reponsable de prensa do BNG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/07/2006 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

Nesta obra, analizase a traxectoria política do voceiro do BNG no Congreso. "Non é doado resumir un traballo que se prolongou case cinco anos. É un intento de analizar o feito de Galiza como nación dende distintos planos nun momento concreto da historia do Estado e da historia de Galiza. E todo iso, a través dunha persoa que é clave na conformación do nacionalismo de posguerra. Francisco Rodríguez é un fino condutor de moitas cousas do nacionalismo galego e, a través da súa peripecia vital, o libro conta a construción dun movemento que agora é moi importante. Sen ese traballo, os nacionalistas galegos nós estariamos neste momento nin no goberno do país nin debatendo un Estatuto que poida colocar a Galiza como nación no Estado", apunta Xosé Mexuto sobre o seu libro.

Podes consultar máis, nunha entrevista aparecida en A Nosa Terra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 atila

¿Que vai dicir o Mejuto do seu mentor e de quen lle da de comer? . Nunha recente enquisa entre a cidadanía de Ferrolterra, despois da súa longa e activa vida política, o nivel de coñecemento que se tiña do Coronel Paco o Escuro non chegaba ó 20%. Por suposto moito por debaixo dos votos que ten o BNG nesa comarca e a anos luz de Quintana, Nogueira e por suposto a millóns de anos luz de Beiras

2 ollodeboi

tes toda a razón Enxoito, como dirían en pulp fiction: "deberiamos de deixar de chuparnos as pirolas"

1 Enxoito

Polo que di Mexuto na entrevista, pouco se pode esperar deste libro de conversas, agás un ditirambo de Paco Rodríguez, unha loa ao gran dirixente. Con todo, leremos o libro, para ver de confirmar o botafumeiro.