Aviso amarelo este luns por vento no mar na Costa da Morte

A alerta estenderase este martes a todo o litoral coruñés e tamén se activará por treboadas nas montañas de Lugo e Ourense

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2022 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

A Costa da Morte permanecerá este luns en aviso amarelo por vento no mar, con refachos que poderá alcanzar forza sete, segundo a información de Meteogalicia.

Así mesmo, na xornada do martes, a alerta estenderase a todo o litoral da provincia da Coruña, onde tamén se poderán alcanzar os ventos de forza sete.

A partir das 12,00 horas e ata as 21,00 horas do martes tamén haberá aviso amarelo en treboadas que poderán ser localmente fortes nas montañas de Lugo e Ourense, así como nas comarcas de Valdeorras e o sur da provincia ourensá.

Aviso amarelo por vento no mar na Costa da Morte. EP/METEOGALICIA / Europa Press
Aviso amarelo por vento no mar na Costa da Morte. EP/METEOGALICIA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta