O BNG cre que a lei de memoria democrática pode ser "unha oportunidade perdida"

Entre as cuestións que a fronte nacionalista observa como "positivas" atópanse que se declare a "ilegalidade" do franquismo e, por tanto, dos consellos de guerra, tribunais e xuízos, así como a nulidade das súas sentenzas; a definición de vítima do franquismo e a creación dun censo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2022 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, advertiu de que se non se introducen cambios na Lei de memoria democrática, que previsiblemente será aprobada no pleno do 14 de xullo tras o seu paso por comisión este luns, será "unha oportunidade perdida" a pesar dos "avances" que se recollen nela, para "realmente acabar coa impunidade do franquismo e facer xustiza coas vítimas".

Así, lamentou que os partidos de goberno "non aceptasen as emendas do BNG" para a derrogación dos artigos 2 e) e f) da Lei de Amnistía, a restitución dos bens expoliados ou a declaración do Pazo de Meirás como "lugar de memoria".

Entre as cuestións que a fronte nacionalista observa como "positivas" atópanse que se declare a "ilegalidade" do franquismo e, por tanto, dos consellos de guerra, tribunais e xuízos, así como a nulidade das súas sentenzas; a definición de vítima do franquismo e a creación dun censo.

Tamén destaca que se elabore un mapa de fosas e que o Estado se faga responsable da procura de desaparecidos e das exhumaciones, xunto coa creación dun banco de AND e que se prevexa o estudo obrigatorio da memoria histórica no ámbito educativo, xunto coa incorporación das mulleres á memoria. Así mesmo, subliña que se incluíu a proposta do BNG --xunto con outras forzas soberanistas-- a "persecución das linguas e culturas das nacións que conforman o Estado".

Con todo, os nacionalistas ven unha "cuestión básica" para "realmente acabar coa impunidade do franquismo e facer xustiza ás vítimas" que se derroguen os artigos 2 e) e f) da Lei de Amnistía, porque tal e como funcionou ata agora a lexislación, constátase que "non serve para facer xustiza ás vítimas".

PROPOSICIÓN REXEITADA

Rego tamén lembra que no mes de marzo foi debatida no pleno unha proposición non de lei para modificar o código penal para "garantir sen ningún xénero de dúbidas o acceso á tutela xudicial efectiva e asegurar o cumprimento do principio de legalidade internacional que permita investigar os delitos de xenocidio e os crimes de lesa humanidade cometidos durante a ditadura franquista".

"O PSOE votou en contra, xunto con VOX e o PP, deixando claro que non teñen interese en que isto se produza", lamentou Rego, para quen é unha "cuestión básica, que vai determinar realmente se a lei está ou non á altura das expectativas xeradas para facer efectivos os principios de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición".

En canto á declaración do Pazo de Meirás como "lugar de memoria", o BNG considera este rexeitamento de PSOE e Unidas Podemos "absolutamente inexplicable, porque é indiscutible a potencia simbólica do pazo e da loita cívica pola súa recuperación".

Np Bng Congreso 04 07 2022 Bng Advirte Lei Memoria Democrática Podar Ser Oportunidade Perdida Para Facer Xustiza Vitimas Franquismo. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Np Bng Congreso 04 07 2022 Bng Advirte Lei Memoria Democrática Podar Ser Oportunidade Perdida Para Facer Xustiza Vitimas Franquismo. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta