Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/07/2022 | Actualizada ás 23:35
A provincia de Ourense rexistrou unha xornada máis, nesta onda lle calor, as temperaturas máis altas na Comunidade galega, con tope en Vilamartín de Valdeorras, que ás 16,10 horas alcanzou a máxima de 42,4 graos.
Tras Vilamartín, as estacións de Meteogalicia de Ourense cidade rexistraron unha máxima de 41,9 graos; mentres que Ribas de Sil, en Lugo, alcanzou os 41 graos. Pola súa banda, Salceda de Caselas (Pontevedra) e Larouco (tamén en Ourense) alcanzaron nesta xornada os 40,7 graos.
Precisamente, Meteogalicia mantén para este xoves a alerta vermella por altas temperaturas na conca do Miño e en Valdeorras; aínda que practicamente todo o territorio galego está a sufrir o impacto da onda de calor. Con todo, a provincia de Ourense está a ser a máis impactada, ata o momento, polos incendios forestais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.