moitas gracias, ana, pola tuas explicacions marxistas da economia. Os que, coma ti, creen na economia planificada, viven mentalmente no seculo dezanove, lonxe do resto do mundo. Os unicos paises que viven cunha fronteira pechada con as tuas queridas cuba e korea do norte. Desperta do sono das comunas, e volve o mundo dos bancos centrais, e a globalizacion.
Crees que o estado español e independente na sua economia? o estado con mais deficit do mundo, despois dos EUA? Crees que o estado pderia sair adiante sen as subvencions europeas? crees que poderiamos ter aforros no banco e hipotecas baratas se estivesemos ainda ca peseta?
Crees que o estado español pode promulgar moitas leis que afecten de xeito radical o actual sistema economico? realmente crees que o "gobierno de españa" pode mudar o prezo da vivenda?
Suxiro leer o ultimo libro de alan greenspan, un dos homes que mais respeto me merecen no seculo xx, onde fala moi ben do poder mengunate dos estados no mundo. O estado moderno do seculo XXI so serve para administrar un presuposto, e promulgar leis locais que atendan a convivencia. A economia fai tempo que esta en mans dos bancos centrais. O que faga o banco central chines afecta tanto os euros, que pode cambiar a politica monetaria dos EUA, e por suposto de europa. So os seus cambios de reservas en dolares fai que o euribor se tambalee deseguido.
Por iso, escocia, flandes, euskadi, catalunia, e galiza, cada dia teñen mais senso como nacions soberanas, porque o que desaparece e o gran estado administrativo, e so quedan as nacions unidas por un sentimento de pertenza.