Volven as manifestacións contra os incendios: "Nunca Máis lumes"

Convocadas manifestacións este martes ás 20.00 horas en Lugo e Ourense.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 19/07/2022 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

Adega, Nunca Máis e organizacións ecoloxistas, convocan unha manifestación para esta tarde, ás 20,00 horas, ante o edificio administrativo da Xunta en Lugo e en Ourense para tratar así de expresar o seu apoio aos veciños afectados do Courel, Valderras e outros lugares afectados por esta vaga de incendios. Unha mobilización á que tamén se sumarán diferentes cargos do BNG.

Nunca Máis lumes
Nunca Máis lumes

"Ante o actual desastre ecolóxico que están supoñendo os lumes do interior de Galiza, que ameazan as nosas máis emblemáticas xoias ambientais, desde ADEGA convidamos á sociedade galega a mobilizarse e acudir ás concentracións de hoxe, 19 de xullo, en Lugo e Ourense", indica nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta