Sergio Pazos na XLIV edición da Noite Meiga de Sarria

Cada ano, coincidindo co último sábado de agosto, Sarria vive unha festa moi popular que organiza a Asociación Meigas e Trasgos e que apoia tamén o propio concello. Trátase da “Noite Meiga”, celebración que ademais de ser cita obrigada para os sarriáns atrae cada ano a máis forasteiros. Entrevista con Julio González, presidente da asociación, para coñecer un pouco mellor esta tradición.

Por X.M. Fernández | Sarria | 28/08/2014 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Que é a "Noite Meiga" e que representa para Sarria?

Noite Meiga de Sarria/berenguela.com Noite Meiga de Sarria/berenguela.com
Noite Meiga de Sarria/berenguela.com Noite Meiga de Sarria/berenguela.com

A Noite Meiga é unha festa lúdico-cultural que Meigas e Trasgos organiza en Sarria dende hai 44 anos. Supón o colofón do verán e è a noite máis concorrida do ano. Superando en algunhas edicións a noite de fin de ano.

Este ano chegades á XLIV edición. Como empezou esta celebración alá cara o ano 1970? Meigas e Trasgos está dende aquela na organización?

Comezou coa intención de celebrar o día da asociación e xa dende o primeiro constaba das actuacións dos grupos de danza e música tradicional, a actuación da coral, unha cea de confraternización e a danza da Noite Meiga. Esta festa sempre a organizou Meigas e Trasgos aínda que ao longo dos anos houbo colaboración doutras asociacións, comerciantes e o concello de Sarria debido a transcendencia que ten para o pobo. Nesta edición contamos coa colaboración da asociación gastronómica Porco Cebado, Cárnicas Teijeiro, Quesería Sarriana e o concello de Sarria.

Como foi a evolución desta festa dende os seus comezos ata hoxe? Houbo cambios importantes ou mantén a esencia dos primeiros anos?

Sergio Pazos
Sergio Pazos

Nos seguintes anos comezaron os concursos bienal de escultura-pintura así coma outra bienal de literatura prosa-verso. Na actualidade non contamos con fondos para continuar con estes premios. Na Noite Meiga celebrábase tamén a entrega de premios. Grazas aos concursos a sociedade conta cun  importante grupo de obras que pode representar a colección de arte contemporáneo mais importante do camiño de Santiago en Galicia. 

Cal é o segredo para que a "Noite Meiga" chegue aos 44 anos?

O traballo continuado de moitas directivas e socios que traballaron a reo e desinteresadamente para manter viva a asociación. Salientar que a fundadora Carmela González foi a impulsora e “alma mater” de Meigas e Trasgos durante 30 anos.

Por que deberiamos deixarnos seducir por Meigas e Trasgos e vivir esta festa?

Porque o sábado concentrase no noso lar social de Meigas e Trasgos, no lugar do Chanto, unha tarde e noite de festa con cea, coa actuación de Tiruleque e a única interpretación da danza da Noite Meiga que se pode ver en todo o ano. A festa normalmente dura ata o domingo coa festa da empanada e a Tardiña Meiga con Mama Cabra.

O programa completo desta edición da “Noite Meiga” é o seguinte:

Venres 29/08/2014:

23:00h. Monólogo a cargo de David Perdomo e Sergio Pazos. Na Terraza Meigallo. Entrada 6€

Sábado 30/08/2014:

19:30h. Apertura e presentación con Sergio Pazos.

20:00h. Pregón da XLIV Noite Meiga, a cargo de D. Dimas Marcos González Bennet.

20:30h. Premios e recoñecementos:

Socio de honra: Cáritas interparroquial de Sarria. 

Trasgo de honra: José Antonio Quiroga González (Pepo)

20:45h. Actuación do grupo de gaitas e danzas Garulaxe de Meigas e Trasgos.

21:30h. Actuación da Charanga Madia Leva.

22:00h. Cea ofrecida polo Hotel Alfonso IX. Menú 32€: Surtido de embutidos de Sarria, Merluza en salsa con puré de patata, Cordero asado con patatas e ensalada, Tarta de galleta e caramelo. Viños: Albariño, Mencía e Rioja. Café, queimada e licores.

Queimada popular no lar social de Meigas e Trasgos.

00:00h. Danza da Noite Meiga.

00:30h. Concerto e baile co grupo "Tiruleque".

05:00h. Chocolatada.

Domingo 31/08/2014:

13:30h. V Festa da Empanada. Lar social Meigas e Trasgos. Menú 4€: Empanadas tradicionáis, Embutidos da Comarca de Sarria, Surtido de queixos de Queserías Sarrianas.

Tardiña Meiga. Lar social Meigas e Trasgos.

17:30h. Concerto Mamá Cabra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta