Falece un home de 60 anos tras chocar unha lancha cunha batea na Illa de Arousa

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 23/07/2022 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

Un home de 60 anos, orixinario de Madrid, faleceu este sábado nun accidente marítimo na Illa de Arousa, cando a embarcación de recreo na que viaxaba chocou contra unha batea.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu este mediodía na zona de Punta Cabalo, cando a lancha, na que viaxaban cinco persoas, chocou por accidente cunha batea.

Ata a zona foron mobilizados efectivos de Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Cambados, así como persoal sanitario, que tratou de reanimar ao falecido.

Así mesmo, outro dos tripulantes da lancha tivo que ser trasladado no helicóptero Pesca I de Gardacostas ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Praia na Illa de Arousa
Praia na Illa de Arousa | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta