GC Aberto

Os lumes do desleixo arrasan o territorio

Por admin | GCABERTO | 24/07/2022

Comparte esta noticia

A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que este ano a Consellería de Medio Rural suprimiu a liña de axudas para prevención dos lumes forestais que viñanse sacando continuamente dende fai moitos anos.

Voluntarios observan exhaustos os danos causados na Serra de Caurel tras o incendio.. Carlos Castro - Europa Press
Voluntarios observan exhaustos os danos causados na Serra de Caurel tras o incendio.. Carlos Castro - Europa Press

A ORGACCMM xa alertara desta situación a primeiros de maio, conxuntamente con un grupo de bombeiros/as forestais, e  da precariedade das brigadas de bombeiros forestais que séguense a contratar por só un período de seis meses, totalmente insuficiente.

Segundo a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) o combate máis eficaz contra os lumes consiste en  eliminar as causas estruturais que o provocan. Entre estas causas estruturais, a ORGACCMM destaca o modelo de monte forestalista que impide que os propietarios dos montes sexan protagonistas da posta en valor da súas terras,

A ORGACCMM sinala que a Consellería do Medio Rural camiña no senso contrario e no canto de tentar de eliminar as causas estruturais dos lumes de territorio, adopta medidas que profundizan máis nelas. Subliñan que boa proba disto é a eliminación das axudas para acadar un monte multifuncional ou a súa pretensión de modificar a lei de montes veciñais para proceder a súa privatización.

As causas estruturais que provocan os lumes do territorio deben que ser remediadas a medio prazo e mentres é preciso dispor todo ano das brigadas de prevención e extición de lumes para poder levar adiante unha política de prevención consistente en traballos de silvicultura, rotura da continuidade das masas boscosas, limpeza de cortalumes, puntos de auga, etc...

Poren, a Consellería do Medio Rural non adopta medidas decididas na política de prevención de lumes e segue a contratar as brigadas de bombeiros forestais por só un período de seis meses e eliminou a liña de axudas para prevención dos lumes forestais que viñanse sacando continuamente dende fai moitos anos.

"Os devastadores lumes que está padecendo Galiza nestes intres: Courel, Valdeorras ou Serra do Invernadoiro son consecuencia da nefasta política de montes de Medio Rural. Ademais son incendios que van máis aló do forestal, son lumes do territorio qe están afectando ás vivendas e o modo de vida do rural" declara Xose Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM).

Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta