A compra do súper en liña en Galicia é a máis barata de todo o Estado

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2022 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

Galicia é a autonomía onde facer a compra do supermercado en liña resulta máis barato, en concreto, os prezos son un 0,82 por cento máis baixos que a media estatal. Pola contra, as Illas Baleares sitúanse como a máis cara, segundo os datos publicados pola compañía de medición de prezos Soysuper.

Dentro de Galicia destaca a provincia de Ourense como a máis barata a nivel estatal, seguida por Lugo, A Coruña e Pontevedra. No lado oposto, a máis cara é Soria que se sitúa un 2,21 por cento por encima da media. Tal e como informou a compañía nunha nota de prensa, para realizar a análise, comparou os prezos dos mesmos produtos dentro dos oito principais supermercados en liña: Alcampo, DÍA, Eroski, El Corte Inglés, Hipercor, Mercadona e Caprabo.

Ademais, o barómetro arroxa que en comparación coa media estatal, as provincias que máis subiron os seus prezos foron Ávila e Canarias, mentres que Navarra foi a rexión que máis os baixou.

Mapa do barómetro de prezos de supermecados 2022. SOYSUPER
Mapa do barómetro de prezos de supermecados 2022. SOYSUPER | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta