Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 02/09/2014
Malia a que o Colexio de Arquitectos publicaba e difundía sobre o terrible momento que se vivía, os especuladores inmobiliarios facíanse con grupos de casiñas a escala humana, xuntábanas, e triplicaban o aproveitamento do solo. Chámase Especulación, Progreso, e moitos outros sinónimos.
Foi cando se perdeu o medo a medrar, pero a facelo destruindo a memoria, a historia dunha Cidade de Cristal, como aínda se lle segue chamando. Pero non foi A Coruña a única prexudicada por esta masacre histórica. So era a vangarda, menuda vangarda.
Carlos Coto
Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.
Todos os artigos de Carlos Coto aquí.