As axudas polos incendios pódense pedir desde este sábado e Rueda reivindica: "É difícil ser máis áxil"

O total de recursos destinado rolda os 9 millóns.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/07/2022 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres as ordes das distintas consellerías para activar a convocatoria de axudas para facer fronte aos danos ocasionados pola última vaga de incendios, por exemplo, en vivendas. Este mesmo venres, o presidente galego, Alfonso Rueda, lembrou que o total de recursos destinado rolda os 9 millóns e reivindicou: "É difícil ser máis áxil".

Unha vivenda calcinada polo incendio forestal en Folgoso do Courel
Unha vivenda calcinada polo incendio forestal en Folgoso do Courel | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Rueda lembrou que as axudas poden solicitarse desde este sábado 30 de xullo e incidiu en que o importante é que os afectados poidan acceder a elas "canto antes e coa mesma burocracia". No mesmo sentido trasladoullo, dixo, ao presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, na reunión que tivo con el na Moncloa.

O dirixente galego apuntou que Sánchez non lle deu "prazos concretos". "Díxome que ía ser pronto e espero que así sexa", aseverou, na mesma xornada na que o mandatario estatal anunciou que o Consello de Ministros do luns aprobará un Real Decreto con medidas extraordinarias cunha norma que "fortalecerá as capacidades e coordinación" de todas as administracións en materia de incendios forestais, así como para a restauración das zonas afectadas.

Tal e como avanzara Rueda, o DOG publicou as convocatorias das distintas axudas, que serán compatibles con outras subvencións que poidan solicitar os afectados, e que se centran en varias frontes: desde os custos dos danos en negocios ou explotacións forestais, agrícolas e gandeiras, aos das vivendas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta