Bombeiros e bombeiras forestais: "denunciamos a pésima xestión da Xunta nos lumes"

Bomfocoga critica que, mentres arde Galicia, eles están na casa por non ter uns contratos estables e pola "pésima dotacion en medios de seguridade".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/08/2022 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

"Namentres o lume avanza, as bombeiras e bombeiros forestais dos concellos de Galicia seguimos agardando a contratación, esa contratación temporal de tan so 3 meses o ano que sempre chega tarde; que chega, se é que chega, cando a alerta de alto risco de incendios xa leva meses activada". É a crítica que fai a Asociación de bombeiros e bombeiras forestais de Galicia (BOMFOCOGA).

Dous bombeiros nun incendio forestal
Dous bombeiros nun incendio forestal | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Nun comunicado público, aseguran que, na situación actual, con numerosas vagas de calor e de incendios, teñen que denunciar publicamente e pedir explicacións por esta situación "que responde a intereses que pouco teñen que ver cos da poboación". Así, critican que, mentres eles están na casa, sen ser contratados, os montes arden pola "pésima dotacion en medios de seguridade e cas carencias de formación" que levan anos denunciando. 

"Denunciamos a pésima xestión da Xunta, que insiste en invertir unha morea de cartos públicos na extinción dos lumes, no canto de disminuir este gasto invertindo en prevencion, mediante a contratación de mais personal, un maior periodo de tempo, evitando así o problema nos meses de baixo risco con traballos de roza e limpeza dos montes", indica a entidade nun comunicado.

Ademais, denuncia que o sistema de contratación das brigadas municipais, "precariza, fomenta a desigualdade e desprofesionaliza o sector", actuando coma un parche que ano tras ano "demostra non funcionar mais que para o beneficio da corporación municipal de turno". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta