Protestan en Santiago contra os "recortes masivos" de docentes

Piden á Xunta un aumento do número de profesores.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/08/2022 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

Unhas 300 persoas manifestáronse este luns en Santiago de Compostela, convocados polo sindicato CUT, en contra dos "recortes masivos" de docentes e pediron á Xunta un aumento do número de profesores.

Manifestación contra os recortes en educación convocada pola CUT
Manifestación contra os recortes en educación convocada pola CUT | Fonte: CUT.

Segundo a organización sindical, profesorado de toda Galicia uniuse este luns á protesta, reclamando un aumento do número de docentes na adxudicación definitiva de persoal prevista para este martes.

"Na provisional, o recorte de persoal fai que máis de mil docentes temporais sexan despedidos tras casos con 10, 15 ou ata 20 anos de servizo", criticou a CUT.

Por iso, denunciaron "recortes masivos" de docentes ou a cobertura "aleatoria" de prazas dunha especialidade con docentes doutra distinta (francés primaria, afíns de todo tipo en secundaria).

Ademais, cualificaron de "insuficiente e intencionadamente recortada con criterios aleatorios" a oferta de estabilización de postos de traballo que, ao seu xuízo, non se axusta á lei de estabilización aplicada no resto das administracións públicas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta