Cabezas xa é o candidato oficial do PP para Ourense co obxectivo de rematar coa era Jácome

Asbolto da 'causa do 10%', confírmase como o home forte dos populares para non depender de Jácome en 2023.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2022 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

O Comité de Dirección do PP de Ourense propuxo ao presidente local, Manuel Cabezas, como o seu candidato para as eleccións municipais de maio de 2023 co obxectivo de "recuperar a maioría absoluta" cunha política "útil" e baseada na "moderación". Segundo informa o partido, o acordo unánime da Dirección local xa foi trasladado ao Comité Electoral do PPdeG e Cabezas mostrou o seu agradecemento e a súa disposición a "traballar en equipo" para mellorar a terceira urbe de Galicia.

"Co apoio dos ourensáns xa estamos a construír un gran partido e agora imos desenvolver un proxecto de cidade para sentirnos orgullosos. Sabémolo facer, fixémolo e volverémolo a facer", asegurou. O presidente do PP local e candidato proposto ás eleccións municipais do 2023 avanza unha folla de ruta baseada na "política útil, na moderación, a sensatez e a xestión" para "recuperar a maioría absoluta na cidade".

Un obxectivo que terá no horizonte acometer "a segunda gran transformación de Ourense", despois dunha primeira desenvolvida entre 1995 e 2007, con Cabezas na Alcaldía grazas a tres maiorías absolutas consecutivas. "Aproveitarei esta dobre oportunidade para mellorar a miña cidade", prometeu.

O presidente do PP de Ourense, o exalcalde Manuel Cabezas.. PP
O presidente do PP de Ourense, o exalcalde Manuel Cabezas.. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta